Fegatramer

PLAN DE AXUDAS A FORMACIÓN DO TRANSPORTE POR ESTRADA DE GALICIA 2018

Imagen.

     PLAN DE AXUDAS A FORMACIÓN DO TRANSPORTE POR ESTRADA 2018- DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE XUNTA DE GALICIA

 

Un ano mais a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, porá en marcha o Plan de Axudas a Formación do Transporte por Estrada de Galicia.

Neste plan participan principalmente os empresarios autónomos e empresarios e traballadores de pequenas empresas, pois este tipo de empresas xunto cos autónomos son claramente maioría no sector do transporte de mercadorías por estrada de Galici, das 6.807 empresas en setembro de 2017, case unhas 3.500 eran autopatronos ou autónomos cun só vehículo. 

En Galicia hai unos 29.000 condutores de transporte público por estrada, dos cales unhos 5.800 condutores  teñen que facer cada ano a formación de reciclaxe obrigatorio CAP 35 horas, establecida no RD 1032/2007 do Mº de Fomento, ademais unhos 2.000 teñen que facer o reciclaxe obrigatorio ADR, o que hai que sumar tamén o dos Conselleiros de Seguridade no transporte por estrada de mercancías perigosas, agora a formación en materia de estiba de mercancías nos camións, o uso e manexo do tacografo e dos tempos de conducción e descanso,  etc.

O Plan de Axudas a Formación do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade, no que participan mais de 2.000 profesionais do transporte cada ano, posibilita que os autónomos e as pequenas empresas do sector  teñan acceso a axudas para a formación e reciclaxe profesional, que por outras vías teñen moitas difcultades para acceder ou simplemente non poden acceder por distintos motivos, e elo, lle permite as mesmas por un lado cumprir a normativa vixente,  reciclaxe CAP, reciclaxe de mmpp, formación sobre estiva de mercadorías, de tempos de conducción, etc., e por oturo mellorar no seu  desenvolvemento profesional e polo tanto na mellora de prestación dos servicios e da produtividade das empresas.

 

        

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política