Fegatramer

CONVOCADAS LAS PRUEBAS PARA LA OBTENCIÓN DEL TÍTULO DE COMPETENCIA PROFESIONAL PARA EL TRANSPORTE

Imagen.

 

CONVOCATORIA PROBAS PARA OBTENCIÓN DO  TÍTULO DE COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O TRANSPORTE (XESTOR DEL TRANSPORTE) 2019

 

Por Resolución do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, convócanse as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada.

 

No DOG do 08 de xaneiro de  2019, convócanse, para o ano 2019, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos IF312A e IF312B).

Calendario.

a) No ano 2019 realizaranse dúas convocatorias que terán lugar (preferentemente en sábado, domingo ou festivo) entre os períodos abranguidos entre:

– Primeira convocatoria: entre o 30 de marzo de 2019 e o 2 de xuño de 2019.

– Segunda convocatoria: entre o 5 de outubro de 2019 e o 1 de decembro de 2019.

Prazos de presentación de solicitudes.

Os prazos de presentación de solicitudes establécense do seguinte xeito:

a) Primeira convocatoria: desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xaneiro de 2019, ambos os dous días incluídos.

b) Segunda convocatoria: desde o 1 de agosto ata o 2 de setembro de 2019, incluídos ambos os dous días.

A non presentación da solicitude e a falta de pagamento da taxa que proceda en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan

Descargar pdf adjunto

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política