Fegatramer

LA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA PONE SU PEQUEÑO GRANITO DE ARENA EN APOYO DEL TRANSPORTE

Imagen

LA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA PONE SU PEQUEÑO GRANITO DE ARENA  EN APOYO DEL TRANSPORTE

 

Nestes momentos tan delicados, a Deputación da Coruña ponse ao dispor dos cidadáns, para tentar paliar algunhas das necesidades máis perentorias.


Como complemento ao apoio prestado polo concello de Arteixo, sendo nos coñecedores da dramática situación que están a vivir os transportistas con motivo do peche dos establecementos de hospedaxe e hostalería, e ante o labor tan necesario que prestan á cidadanía, esta Institución habilitou un espazo no Polígono de Sabón para que os mesmos poidan asearse.


Trátase dun punto de servizo e apoio ao transportista con dúas casetas (home/muller) co seguinte equipamento cada unha:


• 5 duchas
• 5 WC
• 5 lavabos


Ditas casetas están situadas na entrada do Polígono, Avda. da Deputación - Parcela 3, xunto á parcela onde esta situada a báscula de pesada. Para facilitar a súa localización sinalizouse o punto con carteis.


Quixera facer fincapé na disposición desta Deputación, para axudar ás empresas a facer fronte aos novos retos que estamos a vivir, polo que nos poñemos á súa disposición no que puidesen necesitar.


Non podemos máis que agradecer o gran esforzo que están a facer mantendo á poboación abastecida deses produtos de primeira necesidade, sen o tesón e esforzo de todos vós esta corentena non sería posible.


Desde a Deputación da Coruña desexámosvos ánimo para enfrontarse á actual situación e forza para saír adiante.


A Coruña, 25 de marzo de 2020


O Presidente,

Descargar pdf adjunto

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política