Fegatramer

EXÁMENES DE CONSEJERO DE SEGURIDAD EN GALICIA- PLAZO DE MATRÍCULA

Imagen.

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS  EXAMES DE CONSELLEIROS DE SEGURIDADE 2020

Ano da Convocatoria: 2020

 

Descrición:

 

Está aberto o prazo de inscrición para realizar as probas dirixidas á obtención (código IF310A) ou renovación (código IF310B) do certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril.


O prazo finaliza o 14 de setembro de 2020

Teléfono de información: 981 54 45 54.

Para inscribirse ao exame hai que presentar unha solicitude axustada aos modelos normalizados que se publican como anexos da resolución de convocatoria, anexo II para obtención e anexo III para renovación, e que están dispoñibles na ligazón que se indica máis abaixo. Tamén é posible inscribirse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, cuxo enlace tamén se recolle máis abaixo.

Coa solicitude deberá presentar necesariamente o xustificante de pagar a taxa correspondente. O importe da taxa é de 26,77 euros (inscrición/renovación).


O pagamento pode facerse de dous xeitos diferentes:

1. A través do impreso de autoliquidación “A” ou “AI” en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo "A" pode obtelo en calquera oficina Xestora da Xunta de Galicia, non se pode enviar por correo electrónico. O modelo "AI" pode xeralo no enlace que se recolle máis abaixo.

2. De forma telemática, a través da Oficina Virtual Tributaria, podendo optar por:

• Un pagamento telemático puro, que xeraría un modelo 730 directamente.

• Un pagamento telemático – presencial, que xeraría un modelo 739. En este caso unha vez xerado o modelo 739, debe acudir ao banco e despois retomar a operación na Oficina Tributaria Virtual (OTV) para xerar o modelo 730.

En calquera caso, os códigos necesarios para pagar a taxa son os seguintes:

– Consellería de: infraestructuras e Mobilidade código: 06.

– Delegación de: SS.CC.; código: 13.

– Servizo de: MOBILIDADE; código: 02.

– Denominación: dereitos exame conselleiros de seguridade; código: 31 01 20.

Lembre que os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante do pagamento de taxas son os modelos “A”, “AI” e o “730”. A presentación do modelo “739” non é válida como xustificante do pagamento da taxa.

É moi importante que a solicitude vaia asinada pola persoa que pretende acceder ao exame.

Ligazon/s relacionadas

·         Resolución de convocatoria de conselleiros de seguridade

·         SEDE ELECTRÓNICA – Inscrición e información (obtención)

·         SEDE ELECTRÓNICA – Inscrición e información (renovación)

·         PAGAMENTO TELEMÁTICO DA TAXA – Oficina Virtual Tributaria (modelo 730)

·         PAGAMENTO PRESENCIAL DA TAXA – Xeración do modelo AI

·         SEDE ELECTRÓNICA – Devolución de taxas

·         MINISTERIO DE FOMENTO – Base de datos de preguntas

·         Orde do Ministerio de Fomento FOM/605/2004, reguladora das probas de conselleiros de seguridade


 

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política