Fegatramer

MODIFICIÓN DE TERRITORIOS OBLIGADOS A COMUNICACION PREVIA COVID-19 EN GALICIA

Imagen.

MODIFICIÓN DE TERRITORIOS OBLIGADOS A COMUNICACION PREVIA COVID-19 EN GALICIA - SERGAS/ XUNTA DE GALICIA

 

Resolución do 16 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Saúde Pública, na cal se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De conformidade co disposto no punto cuarto da dita orde, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles deberán comunicar, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia a través do formulario dispoñible no enderezo:

https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros           ou ben chamando ao teléfono 881 00 20 21.

Así mesmo, tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.

Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Aruba, Bahamas, Brasil, Colombia, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Perú, Illas Tartarugas, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguistán, K

uwait, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Acerbaixán, Andorra, Kosovo e Montenegro.

e) Nos seguintes territorios de Oceanía: Guam.

e) Nas comunidades autónomas de: Aragón, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Melilla, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja.

Actualización

A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Eficacia

A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, é decir mañá 19 de setembro de 2020.

https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs?idioma=es

 


 

Creado por: versiongalega.com

Este sitio usa cookies para almacenar información necesaria para su funcionamiento. Entendemos que al visitar nuestra página está ofreciendo su consentimiento para el uso de cookies.
Leer nuestra política