1. PRÓLOGO
Subir ↑ Seguinte →Materia perigosa en xeral é todo material daniño ou prexudicial para a saúde ou integridade física das persoas, animais ou medio en calquera das súas fases (produción, manexo, transporte ou uso) e en calquera das posibles formas de actuar (por contacto, inhalación, inxestión... ou por danos físicos como explosión, incendio, radiación, contaminación...).
O devandito concepto xeral debe ser acoutado para referirnos ao transporte destas mercadorías por estrada xa que o ADR (Acordo Europeo sobre Transporte Internacional e Mercadorías Perigosas por Estrada) define materia perigosa: "as materias e obxectos designados como tales por el".
Estes danos poden manifestarse en moi diversas formas e con distintas consecuencias segundo a composición da materia, cantidade de materia actuante e a forma en que o faga. Así hai materias tóxicas, corrosivas, infecciosas, explosivas, inflamables, radioactivas...que preséntanse en formas de gas, líquidas, sólidas, pastosas...; Tamén son moi diversas as formas de transportalas: a granel, en cisternas, en vultos, a diversas presións, temperaturas variables, etc.
O consumo e uso das materias perigosas é imprescindible polo que cada vez hai máis cantidade e variedade, a pesar do intento das normativas internacionais de reducir o seu uso polos efectos perniciosos que levan consigo, así podémolas apreciar na fabricación e/ou composición de gases para diversos usos, materiais para construción, diversión (pirotécnica), uso militar (explosivos), sanidade, etc, dándonos a devandita amplitude e variabilidade de materias unha idea da dificultade que leva consigo a súa regulación para o transporte por estrada.
Podemos falar de máis de 15000 materias perigosas e o devandito número segue en aumento, para regular o seu transporte establécese o ADR, (abreviatura formada polas iniciais das palabras claves en francés) que é un acordo elaborado pola Comisión económica da Nacións Unidas para Europa, en Xenebra, mediante el a maioría de estados europeos conviñeron regras comúns para o transporte de mercadorías perigosas por estrada no seu territorio e paso de fronteiras.
O ADR ten enumeradas ámbito como materias perigosas 3000 (para as que establece unhas condicións de transporte) e cada 2 anos (os impares) sae unha edición actualizada coas modificacións que a comisión considere oportunas; foi asinado en 1.957 e entrou en vigor en 1.968, en España publícase no BOE en 1.973 como normativa aplicable ao transporte internacional e dende 1998 tamén se aplica como normativa nacional, (actualmente está en vigor o ADR 2013), complementándose co estipulado no Real Decreto 551/2006 (BOE 12/06/2006), que se regula as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada en territorio español.
En España o transporte de mercadorías perigosas por estrada nos derradeiros anos sufriu unha gran evolución tanto no volumen de mercandorías transportas, como na súa normativa e os coñecemento dos profesionais implicados, convertíndose nun transporte seguro cun reducido número de accidentes, ainda que con alguns accidententes importantes, de entre eles destacar o acontecido en xullo de 1.978 no cámping dos Alfaques de Tarragona, onde a explosión dunha cisterna cargada de propileno provocou 215 mortes.
Por outra banda, suliñar que actualmente, as mercadorías perigosas transportadas máis representativas son, os combustibles, (gasóleo e gasolina), entorno o 78% e os gases de uso doméstico, (butano propano, etc.). E os factores de risco son, os perigos intrínsecos do produto, (que varían moito en función da materia) e os riscos normais de todo transporte, (condicións do tráfico, condutor, vía...) polo que o obxecto das normativas nesta materia é evitar os accidentes e de producirse estes que as consecuencias sexan o menos graves posibles, para elo, regulanse os procesos de: carga e descarga, características dos vehículos, das cisternas, dos envases e das embalaxes, a estiba e desestiba das mercancías,a formación do personal implicado e as condicións de transporte.
O condutor das mercadorías perigosas, pódese considerar como un dos elementos centrais do transporte polo que ha de ser formado para realizar o transporte dunha forma racional e segura, e actuar en caso de calquera emerxencia, (debe ter coñecementos do regulamento de circulación, de tempos de condución, do mantemento do vehículo, dos peligrosas das mercadorías que transporta, de medidas de seguridade propias, para terceiros e do medio....). Ademais periodicamente teñen que actualizar e perfeccionar os seus coñecementos sobre a materia que lles afecta.
O sector do transporte de mercadorías perigosas por estrada, posúe, ademais das características propias do transporte de mercadorías por estrada, e tanto os condutores coma os transportistas deben ter unha información específica, sobre a natureza do produto a transportar e sobre os procedementos de emerxencia a seguir en caso de accidente en ruta.
Esta actividade, posúe unhas condicións de traballo específicas que poden xerar diversas patoloxías, accidentes laborais e enfermidades profesionais, trátase dun traballo en solitario, o que supón que en moitas ocasións se poidan derivar efectos psicolóxicos e sociais como o estrés e trastornos psicosomáticos diversos, ademáis, ó ser un traballo sedentario e con posturas i esforzos repetitivos e continuos no tempo, pode producir, cos anos, patoloxías na columna vertebral e demais estructura ósea. E por último, a natureza da carga, (mercadorías perigosas), fai que este colectivo presente uns riscos intrínsecos, tanto para os propios traballadores coma para as instalacións, vehículos ou edificios.
Igoalmente, o vehículo, lugar e posto de traballo, pode provocar situacións de malestar, debido a que se trata dun espazo reducido, coma de disconfort térmico polos continuos cambios de temperatura ao subir e baixar deste. A xornada de traballo en xeral é moi cambiante, sendo habitualmente superior a 8 horas diarias, os tempos de permanencia e espera son moi variables, especialmente nos puntos de carga e descarga.
Por todo elo, tendo en conta o volume de mercadorías perigosas transportadas por estrada en Galicia, a súa diversidade e os riscos que representa o seu transporte e a carga e descarga das mesmas nos vehículos así como a súa estiba e desestiba, e polo que esta Federación Galega de Transportes de Mercadorías, Fegatramer, pretende a través deste manual divulgativo, poñer de manifesto por unha banda a necesidade de tomar conciencia da importancia de realizar o transporte de xeito seguro e profesional, cunha condución racional, manipulando, cargando e fixando adecuadamente as cargas, pola súa relación directa ca produción de accidentes ou o agravamento das súas consecuencias e por outra a importancia de ofrecer información e recomendacións, xenéricas i específicas para a seguridade e saúde laboral no transporte, manipulación, carga e suxeición das mercadorías perigosas.
Esta guía pretende ser unha ferramenta de apoio para facilitarlle o coñecemento o condutor sobre os riscos laborais propios da súa actividade, así como das medidas preventivas e de protección que se deberían adoptar, para tratar de acadar unha maior seguridade no transporte de mercadorías perigosas por estrada en Galicia, tratando de diminuír as perdidas materiais e humáns que os incidentes e accidentes representan, medíante a súa prevención e redución, a través da información, a divulgación e concienciación de todos os participantes nas operacións de transporte, manipulación, carga e descarga de mercadorías por estrada en Galicia.